Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro

Onte, 18 de abril, presentouse en Vigo unha recopilación dos textos de Laxeiro. Pode que lendo os escritos de Don Ramiro, nos atopemos enredados nos movementos dos monecos que poboan as pinturas de do pintor. Isto é mais que posibel, porque un murmurio de liortas, lendas, contos e conspiracións multiplicaranse como un collage sonoro na nosa consciencia, a medida que avancemos entre as metáforas, as ideas disparatadas e as insubordinacións á realidade. O libro é un esforzo necesario nun ambiente dominado por posicións con ánimo de denostar a pintura e definila como unha especie de anacronismo  que confunde contido co técnica e arte co mercado. Non podemos perder a perspectiva que hai entre situarnos diante da obra ou situarnos na historia da obra. Si reflexionamos ao redor destas cuestións, manteremos a crítica a unha distancia prudencial, e pode que as verbas de Laxeiro, neste senso, sexan unha oportunidade: "...Un cadro pode ser bo ou pode ser malo ou regular. Eu teño moitos cadros amigos que, cando teño a sorte de velos, métome tanto dentro deles que ando anos enteiros profundando nas cousas que deixan en min..."

laxeiro, pintura, libro, escritos, Don Ramiro, presentación, arte galega

Escribir comentario

Comentarios: 0
Obra sobre papel
Publicaciones
Blog de arte
Bitacoras.com